14/07/2006

Finis Terrae 2007

A Xunta de Galiza instalará en 2007 no centro de supercomputación localizado en Santiago de Compostela un dos maiores computadores de memoria compartida do mundo, o Finis Terrae. Con el poderase facer fronte aos máis cobizosos retos científicos e tecnolóxicos.

Esta máquina virá a ser un dos maiores pulos tecnolóxicos para a nosa terra dado que agora, a diferenza de hai tan só quince anos, xa existe un grupo de persoas e unha sólida estructura académica arredor do mundo da computación que se beneficiarán desta inversión. Véxase como exemplo a excelente iniciativa dun mestrado oficial interinuversitario en enxeñaría matemática (o anterior DEA recibía ano tras ano a prestixiosa mención de calidade do Ministerio de Educación e Ciencia).

Gales, outro país periférico como a Galiza xa apostou pola estratexia da supercomputación como valor diferencial das súas empresas e dos graos das súa unversidades. Acho que nós estamos nun bo momento para facer un uso intensivo e extensivo das ciencias da computación.