11/08/2006

Freakonomía galega: vacas e blogues

Na Galiza hai case un millón de vacas, case unha por cada tres galegos. O top ten dos nomes máis comúns deste tótem galego son pomba, linda, pinta, branca, marela, moura, morena, negra, roxa e parrula.

Na Galiza tamén hai máis de mil blogues en galego. O 80% dos weblogs criados na Galiza usan o galego como única lingua en calquera das súas variantes ortográficas e outro 15% castellano e galego. Máis de metade dos blogueiros proceden dun ambiente urbano. A relación homes vs mulleres é 60%/40%. frente ao 70%/30% da blogosfera hispana. A maioría das bitácoras en galego adícanse a temas culturais, literarios, de activismo social e de política.

Así o País do millón de vacas que dicía Rivas pasa a se converter no dos mil blogues.