19/08/2006

A odisea do alugueiro

Cada ano os que pretenden vivir de aluguer en Santiago de Compostela pásanas negras para encontrar unha habitación máis ou menos decente e a un prezo non abusivo.

A cousa é especialmente frustrante se o inquilino for home ou confesar ter parella dado que os discriminadores donos dos inmóbeis prefiren rapazas sen mozo. Ás veces teño pensado se o que realmente queren é montar un burdel.

A media do aluguer dunha habitación en Compostela está arredor dos 160 euros por persoa e mes sempre que non se gaste moito en eletricidade e gas. No entanto, ultimamente non é difícil encontrar donos que piden ata 200 euros en diñeiro negro por unha habitación en condicións que distan moito de ser óptimas.

Eis o noso modelo económico onde os terratentes de mans dadas continúan a vivir dos lucros das rendas mentres os elementos productivos da sociedade ven dezmado o seu salario coma no pior medievo: realmente alguén se sorprende da fuga de cerebros galegos con estas condicións?