27/08/2006

Toponimia: Llanfair­pwllgwyngyll

Esta é unha pequena homenaxe aos meus veciños galeses, que non se avergoñan de utilizar a toponimia en galés, como debe ser.

O que len no cartaz é o nome completo de vila mais longo do Reino Unido. Pronuncialo é só para os valentes. Eu digo abreviadamente Llanfair que sería pronunciado algo así como /'hlan vair/.

Non teño mínima idea sobre o nome de vila mais longo da Galiza mas sospeito que Santa María das Pontes de García Rodríguez non andará lonxe do obxectivo.