31/08/2006

Un AVE para 100 anos

Futura ponte do Sionlla (perto de Oroso), no treito entre Santiago e A Coruña (in VideaLab, UDC).

Hoxe o convidado da entrevista da mañá na TVG foi o meu antigo profesor Miguel Rodríguez Bugarín, catedrático de Ferrocarrís da Universidade da Coruña.

Basicamente, a crítica subxacente baixo as verbas sempre comedidas e educadas do profesor é que os trazados do AVE estanse a decidir de maneira política e non técnica.

No Xapón adican moitas horas de traballo e investigación en planificación territorial para gañar un minuto de tempo nun trayecto de 100 km. En España calquera que chega a un alto cargo político no que apenas vai estar catro anos elixe a súa solución, moitas veces baseada mais no protagonismo persoal do que en criterios técnicos racionais.

Xa que a liña AVE é unha infraestructura cun grande impacte na economía e que non vai ser modificada no sustancial durante un século, sería conveniente facer as cousas con moito siso e apoiarse sempre na opinión dos que mais saben.