11/09/2006

Banca on-line

L'Associazione Bancaria Italiana difende il diritto all'imbroglio. Politbjuro.it

Apesar de que a Galiza continúa na cauda no uso de internet, a banca on-line rexistrou un crecemento espectacular debido á axilidade no trading e á ausencia de moitas comisións da banca presencial.

Os principais bancos españois que operan en liña (IBanesto, Bancopopular-e, Uno-e, e-Bankinter, Patagon e Openbank) tiveron no primeiro semestre deste ano uns beneficios superiores aos 15 millóns de euros, o que supón multiplicar por cinco os resultados do ano pasado. Uno-e, do BBVA, foi a entidade con maiores lucros. Outra das grandes entidades é ING Direct mas ao ser sucursal dun banco neerlandés non presentou os seus resultados xa que non se lle pode aplicar a lei española.

Na Galiza os principais bancos galegos on-line por número de clientes son Caixa Activa (Caixa Galicia) e Oficina Directa (Pastor).

Operar pola net ten moitas vantaxes se tamén se ten perto unha oficina para solventar algunhas xestións. Nalgúns caso, darse de baixa dun servizo (p.ex. cartón de crédito, domiciliacións) pode demorar mais dun mes nalgunhas entidades e para iso aínda é bo ter a man unha oficina na que poder queixarse en persoa.