08/09/2006

Bugs: historia dun bicho

Non, esta postaxe non vai de Miguel Torga. Falta pouco para o aniversario do primeiro bug (erro) informático documentado.

O termo bug (bicho en galego) foi asociado a interferencias electrónicas e erros no funcionamento de aparellos eléctricos desde moito tempo atrás. Parece que foi Thomas Edison un dos primeiros en empregar esta palabra neste sentido, se ben a súa popularización na incipiente informática de meados de século débese a Grace Murray Hooper (9 de setembro, 1945) cando, segundo di a lenda informática, unha avelaíña (inglés: moth) causou un fallo eléctrico na calculadora-computadora Aiken da universidade de Harvard.

Hoxe a maioría de bugs son de software mas o termo aínda persiste. Aínda que tampouco se poden considerar en sentido estrito bugs, os erros máis habitais na net poderían ser estes dous:
  • Familia de erros 400: A páxina non existe ou foi borrada.
  • Familia de erros 500: Aparece cando o server remoto no que está a web está saturado ou non é capaz de encontrar a web que lle pedimos.