05/09/2006

Iberia e Ryanair

Onte lin no xornal online 20minutos que Ryanair regalaba billetes en Barcelona por protestar contra Iberia mas os berros voltáronse en contra de ambas ao non ter billetes dabondo para os manifestantes congregados. Curiosa medida de marketing de guerrilla. Na Galiza tamén temos a nosa particular batalla, sobre todo nos voos británicos. Eis algunhas diferenzas:

Iberia voa desde A Coruña a Heathrow que é o aeroporto londinense máis céntrico e o que está mellor conectado se imos a outra cidade se o compararmos con Stansted (Essex, Norte de Londres), os lugares están numerados e só son precisos 45 minutos previos en lugar das 2 horas de check-in de Ryanair, tarda 30 minutos menos en voo, permite facturar 5 kg mais de equipaxe que a compañía irlandesa, a tripulación fala en lingua romance e o Airbus é máis cómodo que o Boeing.

Pola contra Ryanair voa desde Lavacolla, que dá mellor servizo ao sul da Galiza e voa tanto a Londres-Stansted como a Liverpool (desde outubro), soe ser un chisco mais barata e nótase especialmente nos meses nos que voa menos xente, permite levar 5 kg máis de equipaxe de man, é mais exacta que Iberia e probabelmente nunca deixarán a nosa equipaxe en terra para meter a da duquesa de Alba.

A min persoalmente encántame a competencia e aínda que costumo voar con Iberia agradezo a Ryanair a sua implantación na Galiza que permitiu por fin a un monopolio. Desde aquela a compañía española mellorou bastante a política de prezos.