22/10/2006

Renfe mexa por nós

Cada vez que viaxo un venres pola tarde de Compostela a Coruña o meu nível de xenreira acada o seu clímax grazas a Renfe. Xa non é que teñamos unha vía non duplicada, xa non é que teñamos comboios de hai medio século. E que a isto sómase que a xestión loxística e o trato ao cliente non poderían ser piores.

O traxecto A Coruña-Santiago-Vigo é dos mais rendíbeis. Renfe é consciente de que o venres ás catro da tarde en Compostela é a maior ponta semanal. Só unha mente perversa pode facer coincidir con diferenza de 10 minutos a saída a Vigo e á Coruña, colapsando a estación, e porse a imprimir os billetes de cada viaxeiro un por un en troques de telos xa pre-impresos. Ademais, racanéase no número de carruaxes facendo que en moitos casos os pasaxeiros teñamos que ir de pe incluso tendo reserva sen dereito a indemnización.

Un estudante ou un traballador debería poder estudar e traballar fóra da súa cidade, que non está tan lonxe de outras, sen ter que gastarse un diñeiral no transporte, sen ter que soportar folgas e atrasos todos os anos e sen o desprezo e a inoperancia dos empregados de fiestra da Renfe.

Nota: O famoso Talgo a Barcelona da figura é de 1964 e ate foi usado nun capítulo de Cuéntame; para facer rodar esta chatarra na Galiza fai falta una locomotora diésel das de mercadorías xa que non hai vía electrificada.