29 de nov. de 2006

Inundacións: unha visión técnica e persoal

Veño escoitando na radio os custosos efectos dos asolagamentos en varias vilas galegas como na imaxe, tomada polo Faro de Vigo perto de Baiona. Pódese facer algo neste sentido?

A hidroloxía é unha arte madura, os dados de precipitación, topografía e usos do solo son fáciles de conseguir e incluso existe excelente software de cálculo gratuito. No entanto, a grande maioría dos ríos galegos non contan con estudos a serio. Incluso sería posíbel prever con certa precisión os efectos da mudanza nos usos do chan e a deforestación sobre a escorrentía.

Cunha caste política xeralmente allea á tecnoloxía e unha sociedade curtopracista é dificil ensinar a importancia da hidroloxía. Os beneficios dos relatorios son visíbeis a longo tempo. Por unha banda, os estudos hidrolóxicos inflúen o planeamento urbanístico: as construccións que fiquen no dominio público hidráulico calculado deberían expropiarse e na ampla área de protección non se podería urbanizar. Por outro lado, a hidroloxía salva vidas e aforra danos.

8 comentarios:

  1. Coma sempre mendinho, os teus coméntarios son de cátedra. Xente así precisabamos nas administracións públicas.

    Saudos.

    ResponderEliminar
  2. ¿Las inundaciones pueden interpretarse como indicadores de malas prácticas en obras públicas y urbanismo?

    ResponderEliminar
  3. Moitas construccións non deberían estar tan próximas aos ríos como hoxe están. Moitas veces obras benintencionadas como xardíns ou parques son obstáculos no camiño do río cando veñen as enchentes.

    En canto ás obras públicas, pois hai de todo, incluso hai moitas obras públicas que se ven obrigadas a "mellorar" o mal comportamento do río debeido a construccións privadas, o que non é xusto, pois as obras públicas pagámolas todos.

    ResponderEliminar
  4. Os políticos... Esas persoas que se cren entendidas en todo: enxeñería, saúde, educación,... e que cando algo falla soen culpar a outros...

    ResponderEliminar
  5. a lóxica científica e profesional e mesmo o sentido comun non falan a mesma lingua cos políticos. Ese é un mal moi espallado polo mundo.

    ResponderEliminar
  6. Poderiase poñer o exemplo de Vilagarcia, ata agora a auga sobrante do rio recuaba para unha xunqueira..agora esla toda esta mergullada en formigon e piche polo que o rio anda a buscar novas e sinxelas rotas ...as ruas

    ResponderEliminar
  7. Creo que moitas veces se é moi inxusto cos políticos que soen ser un reflexo grotesco dunha realidade social. Se houbese un ánimo na sociedade de facer as cousas ben e ao grande soñando co futuro habería levantamentos sociais ante as chapuzas en urbanismo e infraestruturas que hai aquí. (Ou pensades que en Suecia aceptarían estas actuacións) Para iso os galegos deberíamos de deixar uns miserables que pelexan polas migallas, desprezan o coñecemento e o traballo colaborativo.

    ResponderEliminar
  8. Alédome de ter visitado o teu blog. Por exemplo, estou de acordo co primeiro comentario desta entrada.

    ResponderEliminar