15/11/2006

Mileuristas explicados por Varsavsky

No excelente blogue de Martin Varsavsky, emprendedor, filántropo e multimillonario, este explica as causas do mileurismo en España en comparación co Reino Unido, país onde tiven o pracer de vivir un ano. As causas resumidas son dúas e eu concordo en grande medida:

* Os estudantes no RU son formados nun modelo democrático de ensino onde se visa ter ideas orixinais e saber organizar mentres aos españois lles ensinan no modelo franquista de memorizar, repetir e obedecer.

* O RU é un país de xefes e emprendedores adaptados a competir na globalización mentres España é un país de subordinados.