06/11/2006

Perder tempo

Segundo a Escola de Comercio de Copenhague os traballadores perden perto de media hora ao día en revisar o correo electrónico.

A comunicación moderna afórralle cartos ás empresas pero tamén llelo pode facer perder se non hai procedementos claros e disciplinados para atender o correo electrónico.

Se estas son as consecuencias do email, as consecuencias económicas do blogueo poden ser terríbeis.