20/12/2006

Eternidade

Este ano non vou ter Nadal. O significado do Nadal tal como o coñecía desapareceu coa perda dun familiar moi querido. Finxirei que todo continúa igual mercando os habituais agasallos.

Apesar de ser un agnóstico convencido, se é que un agnóstico pode estar convencido de algo, deixo no blogue unha atinada reflexión do señor cura da miña pequena aldea:

"Somos infelices porque tratamos de saciar o noso corazón, que ten fame do infinito e do eterno, con cousas materiais, que son necesariamente finitas e perecedouras."

A felicidade, como a eternidade, non se pode mercar, nin sequera no Nadal.

Imaxe: After Shave Eternity de Calvin Klein. Aprox. 26 euros no Carrefour.