09/12/2006

Limite de vacas no blogomillo

Recentemente Chuza fíxose eco de xeito optimista de mais dunha nova en El País sobre o número de blogues en galego. O número de bitácoras está a crecer, certo, mas xa non cumprimos a lei de David Sifry (Technorati) segundo a que cada ano o número de blogues se multiplica aproximadamente por catro.


Nota: Cadros propios baseados en dados de Novosmedios.org

Se no presente 2006 o censo de bitácoras activas en galego non anda perto dos 600 blogues activos, podemos comezar a falar non en crise mas en mudanza no tipo de crecemento: o paso dun primeiro ciclo que foi como unha bola de neve a un segundo ciclo con tendencia asintótica.

O blogomillo tamén é un ecosistema e como tal ten os seus factores limitantes: a escasa penetración de internet no rural, onde está o maior caladoiro de galegofalantes, e a tan comentada endogamia.