30/12/2006

Mitos laborais

Estes son probabelmente os dez mitos falaces mais estendidos no mundo laboral:

1- Encontrar emprego cun bo título académico é fácil.
2- Internet (p.ex. Infojobs, Monster, etc...) é o mellor sitio onde procurar.
3- Os traballos que requiren esforzo físico páganse peor.
4- O aprendido na universidade ou politécnico non vale para a vida real.
5- O proceso de contratación é xusto.
6- Calquera pode facer calquera traballo con suficiente experiencia.
7- Se publico o meu CV na net recibirei mais ofertas de traballo.
8- Se unha compañía non está recrutando xente non hai oportunidade de ser contratado.
9- De non encontrar traballo o mellor é seguir estudando.
10-Un posgrao (p.ex. MBA, doutorado) garante un salario mais alto e ocupar postos xerenciais.

Nota: adaptado polo autor a partir de varias postaxes do Employment Digest. A imaxe é dunha ETT, no El País. Chuce aquí.