13/12/2006

A oportunidade que esperabas

Despois de ter chamado inculto ao público milanés da Scala na véspera da representación da ópera Aida, o tenor Roberto Alagna, na foto, escapou a lume de carozo no meio da súa actuación entre os berros dunha sala na que se atopaban entre outros Angela Merkel.

E así chegou a oportunidade de Antonello Palombi, o suplente, que tivo que facer de xeneral Radamés en jeans e camisa. O esforzo foi agradecido cun aplauso de nove minutos.

E é que o mundo da ópera é como a vida mesma, todos temos un pouco de Palombi agardando oportunidades tras duns Alagna.