07/02/2007

Limites do crecimento

A visita de Al Gore para defender o relatorio Stern en Madrid lembroume o que acontecera cun documento do MIT para o Clube de Roma que armara moito balbordo nos setenta mas que despois ficou esquecido nas gavetas.

O MIT, con Forrester e Meadows, foi pioneiro en usar a dinámica de sistemas, unha linguaxe sinxela mas potente, para analisar problemas do ambiente. Despois apareceron excelentes libros a modo de réplica sobre o tema p.ex. The Limits to Growth e The Global Citizen.

Xa nos oitenta, con Reagan e Thatcher no cumio do poder, os temas ambientais foron eclipsados polo medo ao comunismo. Contaba Meadows que a primeira vez que tivo unha oportunidade de comunicar á opinión pública algúns dos preocupantes resultados das súas investigacións foi nas páxinas da revista Playboy.

Neste caso o apoio mais ou menos sincero de Gore, Blair e moitos persoeiros famosos pode evitar que as conclusións do economista Stern e o seu grupo teñan o mesmo destino daquela vella simulación da evolución da Terra.