13/02/2007

Tocando instrumentos de vento co Open Pipe

Santiago Barro, colega e próximo enxeñeiro en informática, está a desenvolver un interesante proxecto en código aberto para a Universidade da Coruña que combina as súas dúas paixóns de sempre: a informática libre e a música.

O proxecto Open Pipe transformará calquera partitura para gaitas, frautas, clarinetes e similares instrumentos de vento (pipes) en música para os nosos ouvidos. Outra vantaxe curiosa será poder interpretar a gaita co teclado.

En breve liberarase a primeira parte do código. Máis no seu blog. Sorte, Santi.