26/03/2007

A irritación de Martin Varsavsky

O emprendedor e filántropo Martin Varsavsky vén de encabuxarse porque, tras criticar o sistema de ensino español como fornecedor de mileuristas, non tardaron en agromar os tradicionais xeitos hispanos de discutir as cousas.

No fundamental coincido co que di Martin; o ensino de habilidades básicas como emprender, comunicar, liderar ou saber vender[-se], especialmente no ensino galego, é moi mellorábel. Botando unha ollada ao ranking de universidades públicas do xornal El Mundo é certo que o resultado non é para fachendear:

14-Univ. da Coruña
22-Univ. de Santiago de Compostela

34-Univ. de Vigo


Só figuran no top five das mellores carreiras Educación Física (UDC), Políticas (USC), Farmacia (USC), Hispánicas (USC), Enx. Camiños (UDC), Enx. Química (USC) e Enx. Telecomunicacións (Vigo).

No entanto, non estamos a pedirlle demasiado á universidade? Cústame crer que un estadounidense pasase o periodo de proba na kafkiana selva empresarial galaica. O caso da BluSens, empresa ideada por un recén licenciado da USC, é mesmo un caso heroico. Se non temos mellores salarios tamén é porque o noso herdado caciquismo, en todas as súas maneiras, que non premia os mellores, está a frear calquera iniciativa individual de emprendedorismo.

Nota: Imaxe alegórica da realidade laboral galega.

24/03/2007

Ditadores "chorros"

Chorro: (m.) Ladrón, sisador; que arrebata a la carrera algún bien a alguien. (Diccionario de jerga hispana).

A Argentina recorda neste sábado o trágico golpe de estado que abriu caminho para sete anos de sanguenta ditadura militar com 30 mil pessoas mortas ou desaparecidas. O alto índice de desemprego na Argentina (15%) e as incertezas sobre o destino da economia são motivos mais urgentes, para muitos argentinos, do que a apuração dos crimes do regime.

No plano económico, a falta de rigor nas finanças públicas e a hiperinflação por causa de uma estúpida guerra das Malvinas iniciavam uma crise que a maioria dos argentinos julgaram daquela de carácter episódico. A convertibilidade dólar-peso e as privatizações selvagens das melhores empresas (a YPF, as tele-comunicações, os comboios, a eletricidade, a água, as rodovias, a TV, as Aerolinhas Argentinas, etc...) por Carlos Menem no marco do FMI e o Washington consensus terminaram de fazer o resto: hoje já não existe uma verdadeira indústria autóctone. O que algumas empresas estrangeiras, nomeadamente espanholas, fizeram lá, mesmo com a aprovação das classes altas argentinas, não passa de ser um roubo, é agir no mercado de má fé.

Isso sim, felizmente a dignidade do povo argentino não se tem devaluado. A fotografia é dos protestos contra o corralito no jornal Clarín.

20/03/2007

Olde Fortran

Descubro con sorpresa que John Backus, un dos criadores do Fortran (FORmula TRANslator), unha das mais antigas linguaxes de programación, morreu na semana pasada.

Os guionistas de Futurama, moitos deles matemáticos e informáticos, fixéronlle varias homenaxes implícitas ao vello Fortran. No primeiro episodio desta serie, o robot Bender bebe o licor de malta Olde Fortran. Mesmo olde é unha palabra desaparecida para old.

Nota: mais imaxes curiosas desta serie en http://usuarios.lycos.es/bbrp/matematicas/informatica.html

14/03/2007

Passando a Raia

Embora tenha estado várias vezes no Norte de Portugal, cada nova viagem é uma descoberta. Não é por acaso que o Norte seja a região mais genuinamente portuguesa e o espelho de uma Galiza tradicional hoje quase extinta; o país nasceu cá entre Guimarães e o Portus Callaici.

Só a crise económica apresentada em forma de lojas fechadas, aldeias dessertas e prédios desleixados no meio da cidade pôs um sabor azedo. Sempre vale a pena visitar a ribeira do Porto para se encontrar com as melhores pontes de toda a Península. Na imagem, o último viaduto construído, em parceria luso-espanhola e com uma não dissimulada influência do design helvécio.












Imagens: à esquerda do leitor, a ponte do Infante Dom Henrique no Porto (2002), à direita a ponte Salginatobel na Suíça (1930). A primeira foto é própria, a segunda está em Structurae.

13/03/2007

Motivación

Hoxe ando cheo de fachenda porque semella que a sorte acompañou e os resultados dos exames non foron malos de todo como pensara. Con todo, o que mais me alegrou foi o e-mail que recibín dun profesor, especialmente porque na UNED os catedráticos e titulares poucas veces tratan directamente cos alumnos:

Le felicito porque su práctica es casi un trabajo profesional de modelado y simulación. Transmite una gran experiencia tanto en la parte metodológica de la asignatura, presentación y discusión del modelo, como en sus conclusiones.
Saludos, Fxxxxxxx Mxxxxxx

Estes pequenos detalles por parte dos docentes agradécense mais do que calquera calificación numérica para continuar estudando. E a motivación é o mellor alimento do estudante, xa sabedes.

08/03/2007

Casares, home tranquilo

Teño entendido que o finado Carlos Casares, polo seu carácter temperado, non costuma ser intelectual de preferencia de moitos novos galeguistas.

Non vou negar que só teño lido un libro del e, a verdade sexa dita, foi case por obriga. Sen embargo, como ben comenta o profesor Marcos Valcárcel no convite que fixo ao blogomillo, Casares é un autor posto ao día, que malia a sona de ser un chisco conservador, ten defendido arreo a fusión entre tecnoloxía e cultura. Valla como exemplo a a aposta por difundir libros electrónicos e contos e poemas en mp3 desde o Consello da Cultura Galega.

Unha mostra ideolóxica é a súa novela Ilustrísima. Alí narrounos os efectos da chegada dun cinematógrafo ambulante italiano a unha urbe galega de comezos do XX. As sucesivas proxeccións do prodixioso invento trouxeron novas realidades e conmocionaron aquela cidade aparentemente durmida e estañada polo dogmatismo e a intolerancia.

Do mesmo xeito, hoxe a maridaxe entre a cultura libre e as novas tecnoloxías poden contribuir a derrubar moitos valados mentais.