08/03/2007

Casares, home tranquilo

Teño entendido que o finado Carlos Casares, polo seu carácter temperado, non costuma ser intelectual de preferencia de moitos novos galeguistas.

Non vou negar que só teño lido un libro del e, a verdade sexa dita, foi case por obriga. Sen embargo, como ben comenta o profesor Marcos Valcárcel no convite que fixo ao blogomillo, Casares é un autor posto ao día, que malia a sona de ser un chisco conservador, ten defendido arreo a fusión entre tecnoloxía e cultura. Valla como exemplo a a aposta por difundir libros electrónicos e contos e poemas en mp3 desde o Consello da Cultura Galega.

Unha mostra ideolóxica é a súa novela Ilustrísima. Alí narrounos os efectos da chegada dun cinematógrafo ambulante italiano a unha urbe galega de comezos do XX. As sucesivas proxeccións do prodixioso invento trouxeron novas realidades e conmocionaron aquela cidade aparentemente durmida e estañada polo dogmatismo e a intolerancia.

Do mesmo xeito, hoxe a maridaxe entre a cultura libre e as novas tecnoloxías poden contribuir a derrubar moitos valados mentais.