13/04/2009

Oferta de emprego

Importante institución

Ofrece:
- Contrato por obra e servizo como Ministro de Obras Públicas.
- Salario de 81.155 €/brutos anuais.
- Dietas.
- Vehículo e chófer.
- Xeneroso plan de xubilación.

Requisitos esixidos:
- Mínimo de 10 anos de experiencia demostrable en sumisión e obediencia política.
- Non se require experiencia en xestión de infraestruturas.
- Bacharelato ou similar. Abstéñanse tecnócratas, doutores e masterizados sobrecualificados.
- Coñecementos medios de castelán con sotaque rexional. Non é preciso falar linguas internacionais.
- Uso de Blogger.

Interesados envíen o seu CV a tu_si_que_vales@fomento.es