Antiga Caixa do Mendinho
23/05/2010
  Após un 17-M: afondando nos complexos.

Moitas foron as cousas que me amolaron na semana do 17-M en Madrid:

Afondando no complexo #1: cultura galega é iso que se pasa na aldea.

Mediáticamente a figura do persoeiro homenaxeado - Uxío Novoneyra- ficou reducida ao cliché da súa vida rural no Courel cando o certo é que os anos do Novoneyra urbanita e bohemio en Madrid, no tempo dos Brais Pinto, dan polo menos para telos en conta. Isto semella estar na liña das esforzadas tentativas quer maliciosas quer malinformadas por reducir a imaxe da cultura galega ao eido rural.

Afondando no complexo #2: Galicia, grelos e lacón, tacón-punta-tacón.

A actividade cultural e de promoción da Casa de Galicia en Madrid, dependente da Xunta, foi invisíbel nestas datas, sen referencias ao poeta en Madrid. Iso sí, a Xunta está a subvencionar o reparto de polbo á feira, empanada e albariño en diversos barrios da capital do Estado. A programación da semana da cultura catalá en Madrid (con mostras de teatro, deseño industrial, performances na rúa, concertos e moda) serve para aprender das diferenzas de marca de país: Galicia vese en Madrid como un resort turístico de baixo custo, Cataluña vese como un tecido cultural e empresarial.

Afondando no complexo #3: yes, we speak Newspeak.

Xa para rematar esta asinalada semana, anunciose a publicación no DOG do decretazo orweliano que proclama a liberdade de ser un ignorante lingüistico (do galego, ou Oldspeak, enténdese). O presidentiño recolleu o agardado aplauso da intelligentsia neocon partisana. Sacrificar parte do patrimonio inmaterial ben pode valer unha cadeira ministerial.
 
Comments:
O complexo #2 é para botarse a chorar e non parar. E, entre vostede e máis eu, o problema é que o culturetariado galego, moi afanado na defensa da lingua e cultura (sexa iso o que sesa) tamén esquece que un país tamén ten unha compoñente empresarial, productiva... técnica, podemos dicir sen medo.
 
Pois que quer que che diga....o 3 non sei se será pior!!

PD: Gustame moito o de presidentiño...creo que o vou utilizar se me deixas o copyrigth....
 
Enviar um comentário

Links to this post:

Criar uma hiperligação



<< Home
Mendinho foi um trovador galego medieval que se fez famoso com uma só cantiga. Dizem que aquele jogral não cantava para a aristocracia mas para as classes populares. Esta caixa não passa de um códice de esbardalhadas e gaguejos desafinados mas o público alvo é o mesmo daquelas canções.

A minha fotografia
Nome:
Localização: Madrid, Spain
ARCHIVES
Julho 2006 / Agosto 2006 / Setembro 2006 / Outubro 2006 / Novembro 2006 / Dezembro 2006 / Janeiro 2007 / Fevereiro 2007 / Março 2007 / Abril 2007 / Março 2009 / Abril 2009 / Maio 2009 / Junho 2009 / Julho 2009 / Agosto 2009 / Setembro 2009 / Outubro 2009 / Novembro 2009 / Dezembro 2009 / Janeiro 2010 / Fevereiro 2010 / Abril 2010 / Maio 2010 / Julho 2010 / Agosto 2010 / Outubro 2010 /


Powered by Blogger