Fin (ou o passamento do mendinho)
Un sabe que chega o momento de aplicarlle a eutanasia a esta caixa cando xoglar non argalla novas historias que cantar nin ten folgos nin paciencia para escoitar versos doutros trovadores.
Sempre me gustou a palabra pasamento (en inglés, to pass away) para os acontecementos luctuosos porque reflicte que as cousas non desaparecen, simplemente cambian de estado, como o blogomillo agora é microblogging, tweetiterismo, fotoblogging, facebooking e demais implementacións informáticas de pensamento 2.0.
Como resurrección só hai unha e o mendinho xa tivo a súa, esta caixa deixará definitivamente de publicar posts contra a maré.
Grazas aos comentaristas, aos que me linkaron, aos lurkers e aos voyeurs que por curiosidade ou compromiso teñan visitado as ribeiras esta bitácora e todos aqueles que me ensinaron a mellorar. Sleep bye!