Caixa do Mendinho
Nucleares e dúbidas razoábeis
Entre a crise e o quecemento global a enerxía nuclear voltou novamente ao debate enerxético. A enerxía nuclear nunca estivo obsoleta, de feito Francia conta cunhas sesenta centrais, Reino Unido ou Alemaña están a pensar en prolongar a vida das que teñen ou mesmo abrir novos complexos de cuarta xeración e China inaugurará varias novas centrais antes dun lustro. Apresento as miñas dúbidas razoábeis para un debate serio e non mediatizado por lobbies, asociacións desinformadas e partidos políticos.
Dúbida razoable nº1: Residuos. A solución actual de tratamento de residuos nucleares dista moitísimo de ser sostible porque básicamente consiste en illar e soterrar restos. Isto marca claras diferenzas entre produtores (países ricos ou en desenvolvimento) que pasan as externalidades aos os sofredores dos cemiterios (xeralmente países de renda moi modesta). De feito ningunha empresa ou grupo privado de seguros foi quen de avalar cunha póliza de seguros os hipotéticos estragos dunha central nuclear e dos seus residuos.
Dúbida razoable nº 2: As nucleares non resolverán o efecto invernadoiro. Unha planta nuclear non se constroe e pon a ponto en menos dunha década e farían falta miles de centrais nucleares de nova construcción no mundo fronte ás 350 actuais para sustituir plenamente ás centrais térmicas. Cos limitados recursos financeiros de hoxe isto levaríanos máis dun século cun abultado défice e deberíamos prescindir dós incentivos ao aforro enerxético e para daquela sería moi tarde. Os orzamentos son limitados e deberían ir inmediatamente a mans do aforro e eficiencia enerxética. Aconsello a lectura de
Donella Meadows, profesora do MIT, ao respeito.
Dúbida razoable nº 3: Respaldo social. Por moi negativas e impactantes que resultan as centrais térmicas se aínda non foron susbtituidas na España por nucleares é polo moi negativo precedente de Lemonitz, con secuestro e sanguenta morte do enxeñeiro xefe do proxecto a mans dos terroristas, e cuxa factura de peche aínda pagamos nas nosas facturas como
"impuesto especial sobre la luz". De feito este exemplo amosa que non só é caro facer unha planta nuclear, pechala tamén o é.
Dúbida razoable nº 4: Conflitos diplomáticos. Hai un obvio risco de conflito político con Portugal, que non ten centrais nucleares nin as desexa, e, sobre todo, de dar pésimo exemplo a países ávidos dunha fonte rápida de enerxía nacional que non contan con cadros de profesionais ben formados, co nível de esixencia e transparencia tecnolóxica axeitados e, por que non dicilo, co nível de confianza internacional como para posuír plutonio e uranio.
Finalmente, o cidadán medio non debe safarse de coñecer ben as consecuencias de ir eleiminando progresivamente centrais nucleares para un debate verdadeiramente informado. As centrais nucleares, por cuestións de axuste da producción eléctrica, nunca son o concorrente das eólicas e solares, que teñen produccións intermitentes, como se ben malinformando a cótío, senón das térmicas (carbón, petróleo, gas e ciclo combinado). Ter menos centrais nucleares significa ter un prezo da electricidade mais alto do que, por exemplo, na Francia; uns produtos e servizos mais caros debido ao maior custo de producción e transformación; problemas de chuvias ácidas derivados do uso masivo de combustibles para enerxía; marxes de emisión de CO2 para as pequenas industrias máis pequenos que os nosos veciños, etc...
Escolhas e equívocos
Nesta época do ano muitos futuros estudantes universitários estão a pensar no caminho a seguir. As perguntas sobre as saídas profissionais e o salário são as mais insistentes nos bate-papos da internet. Os foros estão cheios de pessoas que têm as verdades todas definidas, pessoas que afirmam sem hesitar "esta opção é claramente com a que mais dinheiro ganha".
Hoje, dez anos depois da minha escolha no meio da crise económica de começos dos 90, vejo surgirem candidatos a profissionais, nomeadamente futuros engenheiros, e percebo com alguma tristeza que nesta fase precoce das vidas profissionais frequentemente as preocupações pelo ordenado, pelo cenário empresarial e pela estabilidade são maiores que o gosto pelo ciência aplicada e a tecnologia.
Afortunadamente a vida está repleta de fantásticos equívocos e segundas oportunidades. Assim Rowan Atkinson (Mr Bean) deixou a engenharia elétrica para ser actor, o arquitecto Le Corbusier fez de relojeiro, o romancista Italo Calvino formou-se inicialmente em engenharia agrícola, o multifacetado Castelao estudou medicina por amor ao seu pai e deixou-na por amor à Humanidade, o matemático Leibnitz trabalhava como advogado, Júlio Verne também ia para advogado mas era apaixonado pela ciência-ficção, Wittgestein deixou a engenharia aeronáutica para filosofar, etc...
Recordem também que o homem viveu basicamente da caça durante quinhentas mil gerações e que só é agricultor há trezentas. Entender a evoluição das profissões olhando para as últimas décadas é muito pouco para formar verdades e predezir o mercado laboral nos próximos 35 anos com base nas ofertas de emprego dos últimos anos é simples adivinhação. Pelo menos estudem aquilo do que gostam.
17M, follas novas e follas vellas
Un ano máis asisto á liturxia do Día das Letras Galegas como unha copia da
performance de anos anteriores, un déjàvu con moitas declaracións de boas intencións de persoeiros de face seria para ficaren debidamente retratados mas pouco fondo e nulo compromiso. Por exemplo, a capa do xornal La Voz de Galicia está redactada en galego nesta data pero como de costume o interior vai case exclusivamente en castelán.
Tamén enche o peito de envexa ver que mentres a cultura catalana tenta -cos seus acertos e os seus excesos- ter a súa presenza e, por que non dicilo, facerse ver como musculoso lobby nos mellores espazos da capital do Estado, pola outra banda a Casa de Galiza está nun recuncho da periferia madrileña. A visibilidade da cultura galega nesta megalópole, mesmo no día das nosas letras, é escasísima e non acada sequera uns segundos nos principais telexornais.
Dicía o profesor e reitengrata confeso Carvalho Calero que as culturas que se isolan, que non teñen intereses universais e que non venden alén fronteiras non teñen futuro. Neste mundo global, de bloggers e blogomillos, levo anos crendo que o mellor que podería acontecer para o galego e para os sufridos galegofalantes é facer parcería co portugués, ensinar conxuntamente ambas linguas e celebrar actos conxuntos nos milleiros de Institutos Camões que hai polo mundo, con viño albariño e empanada de xoubas se fai falta.
O grupo folk Flor-de-Lis, con Daniela Varela á frente, remataron no posto 16º.
Por exemplo, creo que coma min houbo moitos galegos que onte sentiron que a canción portuguesa no festival de Eurovisión titulada Todas as ruas do amor (precisa tradución para galego?) estaba mais próxima culturalmente ao noso corazón que os arabescos dance de Soraya. Isto non debería facer sentir politicamente incómodo a ninguén.
Séchu Sende catalogado como narrador portuguésDado que o resto do mundo semella non ter moi clara a diferenza entre galego e portugués, non hai que complicar as cousas mais do estrictamente necesario. Así, cando fun procurar o libro Made in Galiza de Séchu Sende dúas de cada tres
bibliotecas madrileñas catalogaran o volume como narrativa portuguesa. Vallecas reintegrata? Nada que obxectar.
Pode que nos vindeiros anos a mesma liturxia volte repetirse ou tamén pode que algún día celebremos o derradeiro funeral das letras galegas se non revitalizamos a lingua con algunhas vitaminas lusófonas.
Ideias para tempos difíceis
A não ser que aconteça um milagre a crise pode prolongar-se durante vários anos. Um facto realmente assustador é que os nossos gurus políticos, empresariais e sindicais aconselhem gastar, gastar e mais gastar. Talvez grande parte deles nunca tiveram que fazer gestão durante um período de recessão econômica e mesmo alguns cresceram sem saber nada sobre os tempos difíceis nem como lidar com eles. Assim "correcção", "aterragem suave", "rebalanceamento económico temporário" são eufemismos usados para não chamar às coisas pelo seu nome e não ver o que é óbvio. Para ajudar nesses tempos difíceis e continuando a série
"Nin idea de economía" do colega Míguez vou dar um conjunto de dicas básicas que podem ser úteis:
EMPREGOSe tem emprego, não espere uma melhora significativa nestes anos. Neste momento, segurança importa mais que salário. O desemprego pode atingir a todas as pessoas: seja mais eficaz e segure o seu emprego.
Se não tem emprego, faça auto-crítica sem voltar-se pessimista, deixe o idealismo para melhor oportunidade e seja 100% practico: ajuste a sua formação aos empregos oferecidos. Faça cursos e trabalhe grátis em ONGs e estágios. Fale abertamente da sua situação sem cair no drama nem na ansiedade à sua rede de colegas.
DÍVIDASA lição número um em momentos de crise é não ter dívidas. Se já está endividado, insista em renegociar. Use a restituição do imposto de renda, economize no supermercado para quitar a dívida, brigue por todo desconto. Se você não tem como se livrar da dívida imediatamente, procure alongar o prazo de pagamento. Outra alternativa é tomar um empréstimo pessoal, aproveitando a baixada de juros, mais barato, para quitar a dívida atual. Ficar pendurado no cheque especial, no crédito do cartão de crédito e nos empréstimos de financeiras são as piores opções.
DIA - A - DIANão fumar, comer de Tupperware e deixar o carro na casa poupa em média 300 euros ao mês por pessoa. O racionamento de energia, os gastos com telefone e celular, os enlatados que ficam esquecidos na despensa, a fruta que apodrece, o queijo que ninguém come, etc... Liste todos os gastos durante um mês para identificar o que pode ser cortado.
APRENDERAs bibliotecas públicas são grátis!. Leia mais sobre crises e peça conselhos àquelas pessoas maiores que passaram por outras crises em outros tempos. As minhas dicas são ler e aprender da Grande Depressão dos 30 nos EUA e da crise económica da Finlândia dos 90.
SAÚDE MENTALNão acredite que a crise económica mundial seja responsável por tudo na sua vida particular, pois para tudo há um limite. Não crie uma crise pessoal ou familiar que pode ser pior. É provado que a crise econômica aumenta a incidência de suicídio e enfermidades mentais. Se se sinte envolvido pelo desanimo encontre os meios e a ajuda para sair.
Eu, com crise ou com recessão, malgrados os conselhos dos políticos, continuarei poupando e aplicando o meu dinheirinho com jeito.
Oferta de emprego
Importante institución
Ofrece:- Contrato por obra e servizo como Ministro de Obras Públicas.
- Salario de 81.155 €/brutos anuais.
- Dietas.
- Vehículo e chófer.
- Xeneroso plan de xubilación.
Requisitos esixidos:- Mínimo de 10 anos de experiencia demostrable en sumisión e obediencia política.
- Non se require experiencia en xestión de infraestruturas.
- Bacharelato ou similar. Abstéñanse tecnócratas, doutores e masterizados sobrecualificados.
- Coñecementos medios de castelán con sotaque rexional. Non é preciso falar linguas internacionais.
- Uso de Blogger.
Interesados envíen o seu CV a
tu_si_que_vales@fomento.es
O exemplo do rexionalismo de Palacios na arquitectura
Antonio Palacios é un exemplo a non esquecer de como chegar a acadar recoñecemento profesional internacional sen renunciar ás orixes. Palacios foi un arquitecto nado no Porriño en 1874 que desenvolveu unha exitosa carreira na que os elementos galeguistas fóronse facendo cada vez máis importantes na súa linguaxe edilicia.

O
Pazo de Comunicacións de Madrid (arriba) foi o proxecto que lle deu sona. Os madrileños da época rebaptizarono con certa ironía como a catedral de Nosa Sra. das Comunicacións polo seu elevado orzamento. O edificio adianta xa unha mestura de varios estilos rexionalistas - o barroquismo ornamental no granito da arquitectura popular pontevedresa, o gótico leonés, o neomedievalismo de Viollet Le Duc... - e de elementos de vangarda como a arquitectura modernista de Viena e Chicago de comezos do XX.
Dúas circunstancias históricas axudan a unha progresiva galeguización da obra de Palacios: o ambiente cultural do movemento galeguista da época (Irmandades da Fala, Seminario de Estudos Galegos, Grupo Nós, ...) e a súa actividade privada como pintor en relación cun grupo de pintores - entre os cales
Álvarez de Sotomayor e
Francisco Llorens - que desde o
Círculo de Belas Artes situado a poucos metros do Pazo de Comunicacións tentaban definir una plástica peculiarmente galega. E así participa na I Exposición de Arte Galego en Madrid alá polo 1912.
Aínda que a influencia do rexionalismo galego en elementos arquitectónicos concretos e explícitos da súa obra non é doada de sinalar porque Palacios buscaba afastarse dun pastiche de enxebrismos de mal gosto, en todos os seus proxectos é evidente unha permanente e imaxinativa toma de formas, policromismo, distribución en planta, solucións estruturais e materiais tanto do pazo tradicional como da arquitectura eclesiástica medieval e barroca da Galiza e Norte de Portugal.
O que xa non moitos madrileños saben é que as entradas de metro (abaixo) e mesmo boa parte das instalacións que lle confiren ese deseño distintivo ao subterráneo de Madrid foron tamén deseñadas por Antonio Palacios usando no caso das bocas como inspiración a forxa artesá do ferro.


A súa adopción do rexionalismo arquitectónico propiciou a amizade con Castelao e sobre todo con Valentín Paz Andrade, se ben as súas inclinacións estéticas e culturais non chegaron a callar nun ideario político galeguista dado que o arquitecto procuraba algo así como un panrrexionalismo hispano.
Na Galiza, algunhas das súas mais senlleiras realizacións foron o Teatro García Barbón de Vigo (hoxe
Centro Cultural Caixanova, abaixo), a Casa do Concello do Porriño, a Igrexa de Vera Cruz no Carballiño, o Templo do Mar en Panxón e a Virxe da Rocha en Baiona.

A historia de Palacios garda un aquel coa de Antoni Gaudí e debe facernos ver nestes tempos grises e de macdonalización que se pode ser verdadeiramente global revitalizando, ou polo menos non renunciando, á propria identidade cultural de orixe.
Hora de voltar
Hoxe teño escoitado e lido moitas cousas desde a tranquilidade do meu voluntario afastamento madrileño acerca da crise da esquerda galega e mesmo diso que honesta e historicamente se deu en baptizar como movimento galeguista. Apesar da simplicidade naïf da maioría da información feita en Recoletos ou en Gran Vía, a distancia é moi util para non misturar o fundamental co acesorio, os allos cos bugallos e ver as cousas coa debida calma. É obvio que a Galiza vai estar uns anos no medio dunha crise económica sen precedentes; isto foi o que o galego promedio percibiu segundo os non-tan-sorprendentes resultados eleitorais do pasado domingo. O que xa non é tan evidente é que a crise non vai ser só
de pasta senón cultural, de talento e mesmo de identidade e que as solucións rápidas non van resolver nada e, pola contra, poden escarallar moito. Hoxe apetecíame voltar á hipermedialidade do blogomillo.